«Información tomada da ficha do Museo Arqueolóxico»
Procedencia: A única referencia precisa ás circunstancias do seu achado é “entre unhas pedras”, o día 14/07/1961, na praia de Basteira, Cariño, A Coruña.
Material: Bronce.
Cronoloxía/época: castrexo?.
Dimensións: 6,5 cms de ancho e 16,8 de longo. Peso: 173 gramos
O machado presenta dous aneis, posiblemente de suspensión, na parte traseira do fío, e outros dous de menor tamaño preto do extremo proximal. O mango, de sección romboidal con esquinas arredondadas, remata polo extremo da folla nunha forma esférica e no cabo contrario nun prótomo de touro. Entre os dous aneis menores, na parte superior da folla do machado, represéntanse un torques dun lado e, do outro, un disco con mamilo no medio, detalle que lembra as rodelas incrustadas nos torques de tipo “ártabro” da ourivería castrexa.
Notas:
Esta peza estivo na exposición: “Galicia Terra Única” (Lugo, 17/06- 17/10/1997).
Bibliografía:
La Voz de Galicia, 30/06/1963; Luengo, J.Mª: “Machadinha votiva de Cariño (La Coruña)”. Revista de Guimarâes, LXXIV, nº1-2, 1964, pp. 149-157); “Machadiño votivo de Cariño”, Diapositiva, Postales Fama, nº 7, Vigo; Guía General del Museo Arqueológico e Histórico “Castelo de San Antón”, A Coruña: 19; Arias Vilas, F. 1997: “La cultura material galaico-romana”. En, Catálogo de la Exposición Galicia Terra Única, Vol. I, “Galicia castrexa e Romana”. Xunta. Santiago: 229, Foto. Rodríguez Colmenero, A.: “Escultura en relevo e vulto redondo”, en Galicia-Arte, Ed. Hércules, T.IX, p.437. Catálogo Exposición “Galicia Terra Única”, tom
NON COÑECIA ESA PEZA ABRAIANTE