Información sacada da ficha do inventario do Museo Arqueolóxico.
Atópase esta lauda nas casamatas do patio baixo do Castelo de San Antón.
Procedencia: Convento de Santo Domingo (A Coruña).
Dimensións: 127 cm alto, 95 de longo e 17 cm de ancho.
Material: Pedra de gra.
Cronoloxía: Entre 1400 e 1450.
Descripción: Tres fragmentos de tapa de sartego, da que se conserva algo máis da metade inferior. Represéntase dúas figuras repousando enriba de almofadas en actitude orante. Visten túnicas lisas, cinguidas ó talle, e zapatos puntiagudos. Levan colares de doas axustados ó pescozo e cobren o cabelo cun tocado a modo de diadema. Sobre estas dúas figuras distínguense o remate de dúas túnicas e calzado apuntado do que serían outros dous personaxes, quizais na mesma posición dos descritos. Un filete con inscripciónen caracteres monacais encadra as figuras. Segundo Chamoso Lamas a lauda pertencería ó matrimonio Gómez Patiño e María de Galo, representados na parte superior, e as dúas fillas, ó parecer xemelgas, na parte inferior.
Pódese ler unha inscripción: «[—– / —] BACHILLER: GOMES: PAT[IN]O: E(t) / DE [:—:] MARIA: DE G- / ALO: SUA: MOLLER: [—]»
Hai unha nota na ficha que dí: Quizais teña algo que ver este Patiño bacharel co que foi deputado da Santa Irmandade Xeral na Coruña (cf. Anselmo López Carreira: A Revolución Irmandiña. Ourense; Galiza Editora, 1987, p.141 e 147)
Bibliografía: CHAMOSO LAMAS, Manuel, 1979: Escultura funeraria en Galicia, Instituto de estudios Orensanos «Padre Feijoo» de la Diputación Provincial, p.362-363. MANSO PORTO, C., 1990: «El Convento de Santo Domingo de La Coruña», Anuario Brigantino 13, p.234 e fig.28. GOMEZ AMIGO, B. (tesiña inédita): La escultura Bajo-Medieval en los museos Provinciales de Bellas Artes y Arqueológico de La Coruña: Ensayo de catalogación; p.77-79.