Cista de Taraio

Información sacada da ficha do inventario do Museo Arqueolóxico.
Atópase esta cista reconstruida no patio alto do Castelo de San Antón.
Procedencia: Circundo do Castro, Chousa da Casa Vella, no lugar de Taraio, parroquia de Cerqueda, no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña). Localizada casualmente ó arar unha finca no lugar de Chousa da Casa Vella, nunha zona relativamente chá. Apartada a lousa de peche (70 x 70 cm), atopouse no seu interior, un puñal xunto cun vaso cerámico, un obxecto lítico e tres supostas esquirlas de oso. O achado foi comunicado a Cándido Rodríguez (sacerdote e arqueólogo), quen pasou aviso o M.A.C.

taraio2
Cista de Taraio no patio alto do Castelo de San Antón.

Material: Xisto.
Cronoloxía: Circa 2000 a.C.
Descripción: Cista constituida por varias laxes dunha pedra tipo xistosa que formarían un paralepípedo, con cuberta e piso. Ainda que na notícia do achado informa de que tiña dúas laxes de cubrición de 70 x 70 cm, actualmente, na reconstrucción, ten unha sóla laxe de 177 x 112 x 33 cm.
Bibliografía: RODRÍGUEZ GRAS, J.M. 1974, El Ideal Gallego, 9-VI-1974.
RAMIL e VÁZQUEZ, 1979: “Enterramiento en cista de la Edad del Bronce en O Cubillón (Xermade, Lugo). El Museo de Pontevedra, XXIII: 61-68.
COMENDADOR, B. 1998: “Los Inicios de la Metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica”. CD-ROM. Universidad. Santiago de Compostela.
VÁZQUEZ, J.M. 1979: “Enterramientos en cista de la Edad del Bronce”, Pontevedra, 0.
RUIZ-GÁLVEZ, M. 1979: “El Bronce Antiguo en la fachada atlántica peninsular: un ensayo de periodización”, Trabajos de Prehistoria, 36: 152.

taraio1

Lauda de Gómez Patiño e María Galo

Información sacada da ficha do inventario do Museo Arqueolóxico.
Atópase esta lauda nas casamatas do patio baixo do Castelo de San Antón.
Procedencia: Convento de Santo Domingo (A Coruña).
Dimensións: 127 cm alto, 95 de longo e 17 cm de ancho.
Material: Pedra de gra.
Cronoloxía: Entre 1400 e 1450.

Lauda de Gómez Patiño e María Galo

Descripción: Tres fragmentos de tapa de sartego, da que se conserva algo máis da metade inferior. Represéntase dúas figuras repousando enriba de almofadas en actitude orante. Visten túnicas lisas, cinguidas ó talle, e zapatos puntiagudos. Levan colares de doas axustados ó pescozo e cobren o cabelo cun tocado a modo de diadema. Sobre estas dúas figuras distínguense o remate de dúas túnicas e calzado apuntado do que serían outros dous personaxes, quizais na mesma posición dos descritos. Un filete con inscripciónen caracteres monacais encadra as figuras. Segundo Chamoso Lamas a lauda pertencería ó matrimonio Gómez Patiño e María de Galo, representados na parte superior, e as dúas fillas, ó parecer xemelgas, na parte inferior.
Pódese ler unha inscripción: «[—– / —] BACHILLER: GOMES: PAT[IN]O: E(t) / DE [:—:] MARIA: DE G- / ALO: SUA: MOLLER: [—]»
Hai unha nota na ficha que dí: Quizais teña algo que ver este Patiño bacharel co que foi deputado da Santa Irmandade Xeral na Coruña (cf. Anselmo López Carreira: A Revolución Irmandiña. Ourense; Galiza Editora, 1987, p.141 e 147)
Bibliografía: CHAMOSO LAMAS, Manuel, 1979: Escultura funeraria en Galicia, Instituto de estudios Orensanos «Padre Feijoo» de la Diputación Provincial, p.362-363. MANSO PORTO, C., 1990: «El Convento de Santo Domingo de La Coruña», Anuario Brigantino 13, p.234 e fig.28. GOMEZ AMIGO, B. (tesiña inédita): La escultura Bajo-Medieval en los museos Provinciales de Bellas Artes y Arqueológico de La Coruña: Ensayo de catalogación; p.77-79.

Acroterio do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.

Información sacada da ficha do inventario do Museo Arqueolóxico.

Acroterio de Santa Catarina de Montefaro

Atópase esta acrótera nas casamatas do patio baixo do Castelo de San Antón.
Procedencia: Convento de Santa Catarina de Montefaro (Mugardos – A Coruña). Mosteiro fundado por Pedro de Osorio da Casa dos Traba en 1145 e que logo pasa a influencia dos Andrade.
Dimensións: 90 cm alto, 80 de longo e 80 cm de ancho.
Material: Pedra de gra.
Cronoloxía: 1380.
Descripción: Acrotera con cruz florenzada sobre o xabarín dos Andrade. O xabarín ten a boca aberta en actitude agresiva, espiñazo e corpo ben marcado, de aspecto tosco e voluminoso, coa cabeza desproporcionada e ausencia de detalles anatómicos. A cruz, florenzada, é esbelta, presentando un atrevido movemento floreante nos extremos, e un borde de clariecud subliñado pola acanaladura.
Bibliografía: 
LOPEZ PICHEL, Mercedes: Notas para el estudio de la desamortización del patrimonio cultural de la iglesia en la provincia de La Coruña. El Convento de Franciscanos Terceros de Santa Catalina de Montefaro.