{"id":70,"date":"2018-11-29T14:12:17","date_gmt":"2018-11-29T14:12:17","guid":{"rendered":"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/?p=70"},"modified":"2018-11-29T14:12:48","modified_gmt":"2018-11-29T14:12:48","slug":"o-pazo-do-marques-de-almeiras-ou-edificio-da-cooperativa","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/?p=70","title":{"rendered":"O Pazo do Marqu\u00e9s de Almeiras ou Edificio da Cooperativa"},"content":{"rendered":"<p><em>\u00abEste artigo foi publicado polo arquitecto Miguel Silva Su\u00e1rez no bolet\u00edn da Asociaci\u00f3n de outubro de 2001.\u00bb<\/em><\/p>\n<p>Estaba situado no n\u00famero 1 da r\u00faa de San Andr\u00e9s (ou Estreita de San Andr\u00e9s), facendo esquina \u00e1 r\u00faa do Torreiro.<br \/>\nNo plano parcelario da Coru\u00f1a a escala 1:2.500 do ano 1875 represent\u00e1base o soar no que se ubicaba o pazo, indic\u00e1ndose que o edificio ti\u00f1a unha altura duns 8,35 metros ata a cara inferior do teito do piso alto e unha superficie na s\u00faa planta baixa de 1.839 metros cadrados. No dito plano se fac\u00eda constar a m\u00e1is, que a fachada encontr\u00e1base en un bo estado de conservaci\u00f3n e, pola contra, o embaldosado da r\u00faa de San Andr\u00e9s fronte ao edificio, s\u00f3 en regular estado.<br \/>\nOcupaba esta casa unha posici\u00f3n moi salientada na esquina de d\u00faas r\u00faas; a de San Andr\u00e9s que percorre en sentido lonxitudinal o istmo coru\u00f1\u00e9s e a do Torreiro, que vencella a esta coa r\u00faa Real, outra das m\u00e1is antigas r\u00faas da cidade e eixo de comunicaci\u00f3n, tam\u00e9n lonxitudinal, entre a cidade tradicional ou Cidade Alta ou Vella e o barrio da Pescader\u00eda.<br \/>\nAs lonxitudes ou frontes da fachada eran duns 30 metros na r\u00faa de San Andr\u00e9s onde o pazo ti\u00f1a a s\u00faa entrada principal e doutros trinta metros na r\u00faa do Torreiro. A m\u00e1is o soar urbano no que se ubicaba non estaba ocupado pola edificaci\u00f3n na s\u00faa totalidade, xa que na s\u00faa parte interior ti\u00f1a unha importante extensi\u00f3n de patio duns 40 x 21 metros, \u00e9 dicir, 840 metros cadrados de superficie que estaban adicados \u00e1 corte dos cabalos, entrada de carruaxes e servizos da mansi\u00f3n, dependencias que gozaban dun acceso directo dende O Torreiro a traverso dunha porta duns dous metros de largo entre d\u00faas alas do edificio.<br \/>\nSegundo o historiador coru\u00f1\u00e9s D. Emilio Gonz\u00e1lez L\u00f3pez na s\u00faa obra \u00abGalicia bajo las luces de la Ilustraci\u00f3n\u00bb: \u00ab\u2026en el siglo XVIII y en la Pescader\u00eda coru\u00f1esa se construy\u00f3 en la Estrecha de San Andr\u00e9s, el palacio del Marqu\u00e9s de Almeiras, que sirvi\u00f3 de cuartel general al mariscal franc\u00e9s Soult, los d\u00edas que se detuvo en A Coru\u00f1a, despu\u00e9s de la derrota del ej\u00e9rcito ingl\u00e9s de Sir John Moore en la Guerra de la Independencia.\u00bb<\/p>\n<figure id=\"attachment_72\" aria-describedby=\"caption-attachment-72\" style=\"width: 241px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-72 size-medium\" src=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/martinez-barbeito1-241x300.jpg\" alt=\"\" width=\"241\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/martinez-barbeito1-241x300.jpg 241w, http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/martinez-barbeito1.jpg 375w\" sizes=\"(max-width: 241px) 85vw, 241px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-72\" class=\"wp-caption-text\">Carlos Mart\u00ednez Barbeito y Mor\u00e1s<\/figcaption><\/figure>\n<p>Por outra parte. D. Carlos Mart\u00ednez-Barbeito y Mor\u00e1s no seu libro \u00abLas Reales Proclamaciones en La Coru\u00f1a durante el siglo XVIII\u00bb fai unha referencia de grande interese dende o punto de vista da descrici\u00f3n arquitect\u00f3nica do edificio -ao non se conservar na actualidade ning\u00fan plano de planta do mesmo- relatando que o Rexedor (ou Concelleiro) D. Antonio Su\u00e1rez de Mondrag\u00f3n, Marqu\u00e9s de Almeiras e capit\u00e1n da Arma de Artiller\u00eda, xunto con tam\u00e9n rexedor D. Antonio Mar\u00eda de Lago, foi o comisionado designado polo Concello para os actos e festas de proclamaci\u00f3n de El-Rei Carlos IV, que tiveron lugar na Coru\u00f1a no trascurso da segunda quincena de febreiro de 1789 (ano da Revoluci\u00f3n Francesa), e que abriu o d\u00eda 20 do antedito mes o seu pazo da r\u00faa de San Andr\u00e9s aos convidados a estes actos: \u00ab\u2026por no resultar adecuada la humildad y exig\u00fcidad de las instalaciones municipales, ofreci\u00f3 un refresco al Ayuntamiento, a las autoridades y personas de representaci\u00f3n en el palacio del Regidor Marqu\u00e9s de Almeiras, situado en la calle Estrecha de San Andr\u00e9s y que, tras servir para distintos usos -cuartel general del Mariscal Soult, sociedades recreativas y culturales y establecimientos mercantiles- fue finalmente demolido hacia 1960.\u00bb<br \/>\nSegue describindo Mart\u00ednez-Barbeito que: \u00abEn un sal\u00f3n de este palacio de treinta varas de largo (uns 25 metros), primorosamente iluminado y adornado con los retratos de la augusta rama de Borb\u00f3n, desde su tronco, el gran Luis XIV hasta nuestros Soberanos, se sirvi\u00f3 un espl\u00e9ndido refresco a m\u00e1s de trescientas personas, acudiendo luego numerosas se\u00f1oras que tomaron parte en un baile que alegraba una notable orquesta. Hubo helados, sorbetes y bebidas calientes durante toda la noche.\u00bb<br \/>\nOutro dos acontecementos memorables que nesta casa tiveron lugar foi que no mes de maio de 1866 e para celebrar o bombardeo do porto de El Callao (Per\u00fa) pola escuadra espa\u00f1ola comandada polo mari\u00f1o pontevedr\u00e9s Don Casto M\u00e9ndez N\u00fa\u00f1ez, instalouse no seu balc\u00f3n un aparello de arco voltaico do que xurdiu o primeiro raio de luz el\u00e9ctrica (anterior, xa que logo, en 24 anos, ao que no ano 1890 e xa con l\u00e1mpadas de incandescencia instalouse para o alumeado do Teatro Principal, hoxe Rosal\u00eda de Castro) que viu a cidade da Coru\u00f1a que alumeou a r\u00faa de San Andr\u00e9s nas proximidades do Pazo.<br \/>\nNon se co\u00f1ece o nome do arquitecto que proxectou e dirixiu este edificio; nen mesmo a data da s\u00faa construci\u00f3n que se estima contra a primeira metade do s\u00e9culo XVIII, m\u00e1is a importancia do inmoble \u00e9 sen d\u00fabida grande, polas s\u00faas caracter\u00edsticas de situaci\u00f3n, capacidade e interese arquitect\u00f3nico, \u00e1s que han de se engadir as circunstancias hist\u00f3ricas \u00e1s que se aludiu e que amosan que era unha das construci\u00f3ns civ\u00eds -sen\u00f3n a que m\u00e1is- no seu tempo e que dentro do n\u00facleo urbano coru\u00f1\u00e9s de finais do s\u00e9culo da Ilustraci\u00f3n, ti\u00f1a unhas condici\u00f3ns obxectivas que permit\u00edan o seu uso para satisfacer unha grande variedade de funci\u00f3ns; as\u00ed foi residencia se\u00f1orial nas s\u00faas orixes, sede das administraci\u00f3ns militar (do ex\u00e9rcito franc\u00e9s de ocupaci\u00f3n en 1809) e civil (nel estiveron instalados o Goberno Civil da provincia e a Deputaci\u00f3n provincial no ano 1850, en locais alugados, antes de se trasladar ao novo Palacio Provincial da r\u00faa Rego de Auga), sede de sociedades (\u00abEl Casino Coru\u00f1\u00e9s\u00bb e \u00abEl Liceo Brigantino\u00bb), establecementos comerciais (a Cooperativa Mercantil Civil y Militar), etc.; todos estes diferentes usos levados a cabo en axeitadas condici\u00f3ns de seguridade e comodidade.<\/p>\n<figure id=\"attachment_73\" aria-describedby=\"caption-attachment-73\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-73 size-medium\" src=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/escanear0017-300x201.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"201\" srcset=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/escanear0017-300x201.jpg 300w, http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/escanear0017.jpg 580w\" sizes=\"(max-width: 300px) 85vw, 300px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-73\" class=\"wp-caption-text\">Edificio da Cooperativa C\u00edvico-Militar no ano 1945<\/figcaption><\/figure>\n<p>No ano 1874 foi ofrecido o edificio ao C\u00edrculo de Artesanos que fora fundado en 1847, por a cantidade de 420.000 reais, m\u00e1is non se puido reunir a cantidade esixida. Vinte anos m\u00e1is tarde, dita Sociedade Recreativa e Instructiva volveu a estudiar o seu traslado ao edificio, e de novo tiveron que desistir, esta vez por un informe negativo dun arquitecto, sendo o prezo ent\u00f3n de 150.000 pesetas. Finalmente o inmoble foi adquirido pola Cooperativa Civil e Militar, S.M., que se fundara no ano 1891 por iniciativa dun fato de coru\u00f1eses que as\u00ed adiant\u00e1banse a s\u00faa \u00e9poca para facer un economato co que obter vantaxosos prezos nos artigos de consumo.<br \/>\nA Cooperativa comezou vendendo comestibles para logo ampliar a tenda inicial con tecidos e confecci\u00f3ns, dispondo na s\u00faa \u00faltima \u00e9poca de perfumer\u00eda, droguer\u00eda e comercio de artigos relixiosos. \u00c1 dereita da entrada da casa ach\u00e1base a tenda de ultramari\u00f1os, \u00e1 esquerda a de roupa, e debaixo da escaleira estaba o almac\u00e9n dos embutidos. Na parte traseira tam\u00e9n foi instalada unha f\u00e1brica de chocolate e unha tafona ou forno de pan, que acadaou renomeada sona.<br \/>\n\u00d3 remate da Guerra Civil a Cooperativa comezou a abrir varias sucursais pola cidade; na praza de Mar\u00eda Pita, na r\u00faa de Juana de Vega e nos Catro Cami\u00f1os, editando un bolet\u00edn de car\u00e1cter mensual que se distribu\u00eda a t\u00f3dolos seus socios.<br \/>\nUnha vez expostos os feitos hist\u00f3ricos polos que pasou a ocupaci\u00f3n do edificio, c\u00f3mpre agora expor as s\u00faas caracter\u00edsticas arquitect\u00f3nicas.<br \/>\nA descrici\u00f3n do amplo sal\u00f3n de planta primeira ou principal duns 25 metros de longo, como se sinalou, e estimando que tivese un fondo duns 12 metros, dar\u00edanos para dita dependencia uns 300 metros cadrados de superficie que permitir\u00edan aloxar, xa que logo, coa maior folgura aquelas reuni\u00f3ns e actos de tipo social ou representativo que en dito cuarto se celebrasen, como xa se dixo coa ocasi\u00f3n da celebraci\u00f3n da coroaci\u00f3n de Carlos IV, en febreiro de 1789.<br \/>\nTam\u00e9n se co\u00f1ece que ti\u00f1a unha importante escaleira imperial (de duplo desenvolvemento lateral que remata unha meseta alta) de granito, que comunicaba a planta baixa coa alta.<br \/>\nAs referencias literarias e escritas ou emanadas da tradici\u00f3n oral son moi importantes xa que son as \u00fanicas que se refiren ao interior do edificio, e non foi posible achar ning\u00fan plano das plantas do mesmo, xa que, con toda probabilidade non se conservan hoxend\u00eda debuxos destas.<br \/>\nOs \u00fanicos documentos gr\u00e1ficos de que se disp\u00f3n deste inmoble son dous, \u00e1mbolos relativos ao seu interior, e consisten nunha fotograf\u00eda do mesmo tomada no ano 1945, dende a r\u00faa Ancha de San Andr\u00e9s e onde refl\u00edctese a esquinada casa coa r\u00faa do Torreiro, e no alzado da fachada principal \u00e1 primeira das nomeadas r\u00faas.<\/p>\n<figure id=\"attachment_74\" aria-describedby=\"caption-attachment-74\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-74 size-medium\" src=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/escanear0018-300x232.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"232\" srcset=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/escanear0018-300x232.jpg 300w, http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/escanear0018.jpg 580w\" sizes=\"(max-width: 300px) 85vw, 300px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-74\" class=\"wp-caption-text\">Plano da fachada no ano 1911<\/figcaption><\/figure>\n<p>Este plano que perm\u00edtenos co\u00f1ecer o aspecto que ti\u00f1a o edificio hoxe desaparecido est\u00e1 levantado polo arquitecto de orixe alav\u00e9s e afincado na Coru\u00f1a e que foi arquitecto municipal D. Juan de Ci\u00f3rraga e Fern\u00e1ndez de la Bastida, foi subscrito o d\u00eda 5 de xu\u00f1o de 1911, como plano da fachada actual desta casa, para formar parte dun Proxecto de Reforma da mesma encargado pola propiedade de ent\u00f3n (a Cooperativa Militar e Civil).<br \/>\nNa \u00abExplicaci\u00f3n\u00bb ou memoria do proxecto aludido faise constar que a fachada do edificio en estudo a\u00ednda que de siller\u00eda e de s\u00f3lida construci\u00f3n, non respostaba aos fins da Sociedade Mercantil instalada no inmoble e co obxecto de atender este requerimiento, e tam\u00e9n de amosar ao exterior o destino que se da ao edificio (interesante observaci\u00f3n, engadimos pola nosa parte, que amosa un criterio que hoxe poderiamos cualificar de \u00abfuncionalista\u00bb, \u00e9 dicir, expresar coa s\u00faa envolvente exterior o novo contido e uso do edificio), pretend\u00edase para maior axeitamento e representaci\u00f3 no novo uso, levar a cabo nunha serie de reformas na fachada principal e nas cubertas da construci\u00f3n que ent\u00f3n estaban en moi mal estado de conservaci\u00f3n.<br \/>\nEstes traballos de modificaci\u00f3n e reparaci\u00f3n consistir\u00edan de xeito principal en converter as d\u00faas vent\u00e1s centrais de planta baixa en portas de entrada a dous diferentes departamentos comerciais: os de v\u00edveres e perfumer\u00eda, deixando a porta central para o seu acceso directo \u00e1 escaleira que conduc\u00eda \u00e1 planta principal e tendo comunicaci\u00f3n as tres portas exteriores que se sinalaban co vest\u00edbulo com\u00fan que exist\u00eda no andar baixo.<br \/>\nOutras modificaci\u00f3ns proxectadas consistir\u00edan en reducir a lonxitude e m\u00e1is o v\u00f3 do balc\u00f3n, o tapiado de catro vent\u00e1s do piso alto e o rasgado das luces que daban sobre as portas laterais dispo\u00f1endo nos ocos novos balc\u00f3ns, as\u00ed como reducir tam\u00e9n o v\u00f3 de cornixa cort\u00e1ndoa no seu centro para deixar espazo para dispor un tarxet\u00f3n no que ir\u00eda o t\u00edtulo da Sociedade, e as\u00edmesmo en alzar en dita parte central un front\u00f3n ou peineta para a colocaci\u00f3n dun reloxo.<br \/>\nRemat\u00e1base a \u00abExplicaci\u00f3n\u00bb sinal\u00e1ndose que se empregar\u00edan no muro da fachada existente os mesmos materiais que entraban na s\u00faa composici\u00f3n actual e, nas partes novas coma o front\u00f3n, f\u00e1brica mesta con revestimentos de cemento imitando \u00e1 siller\u00eda de pedra.<\/p>\n<figure id=\"attachment_75\" aria-describedby=\"caption-attachment-75\" style=\"width: 252px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-75 size-full\" src=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/marino_ortega_pedro.jpg\" alt=\"\" width=\"252\" height=\"323\" srcset=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/marino_ortega_pedro.jpg 252w, http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/marino_ortega_pedro-234x300.jpg 234w\" sizes=\"(max-width: 252px) 85vw, 252px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-75\" class=\"wp-caption-text\">Pedro Mari\u00f1o Ortega<\/figcaption><\/figure>\n<p>A licenza para a execuci\u00f3n das obras foi solicitada o d\u00eda 26 de xu\u00f1o de 1911 polo Xerente da Cooperativa Militar e Civil D. Francisco Ponte y Blanco.\u00a0O arquitecto municipal D. Pedro Mari\u00f1o sinalou no seu informe de data 31 de xullo de 1911 que as obras que se proxectaban facer en canto \u00e1 fachada \u00abconstituyen una reforma de cierta importancia que cambiar\u00edan el aspecto del edificio\u00bb, expresando tam\u00e9n que o mesmo estaba suxeito a un novo ali\u00f1amento, tanto pola fachada principal como mesmo pola da r\u00faa do Torreiro, ocupando unha situaci\u00f3n onde o ensanche fac\u00edase xa moi necesario, ao se incrementar de xeito considerable o tr\u00e1nsito e dificultarse a circulaci\u00f3n libre, sobre todo desde o establecemento do tranv\u00eda urbano (unha das li\u00f1as m\u00e1is importantes do percorrido: San Amaro &#8211; Catro Cami\u00f1os, discorr\u00eda pola r\u00faa de San Andr\u00e9s fronte ao edificio do pazo).<br \/>\nMalia esta obxecci\u00f3n de tipo urban\u00edsitico (hai que ter en conta que o novo ali\u00f1amento a \u00e1mbalas r\u00faas que conformaban a esquina foi recollido no Plano de Ali\u00f1amentos de 1949, con fachadas dos edificios asoportalados nas s\u00faas plantas baixas e concretouse logo nas construci\u00f3ns de vivendas e comerciais que substituiron \u00e1 casa-palacio no ano 1961), o arquitecto municipal pronunciouse, en definitiva, pola concesi\u00f3n do permiso para a reforma solicitada, permiso que foi outorgado polo Concello o 9 de agosto de 1911.<br \/>\nSen embargo, as obras que afectaban \u00e1 fachada principal non foron levadas a efecto, limit\u00e1ndose soamente aos traballos de limpeza, encintado e tomado con cemento dos desconchados da fachada, pintando ademais as portas e vent\u00e1s e colocando peches met\u00e1licos en dous dos escaparates do piso baixo, nunha intervenci\u00f3n semellante \u00e1s disposici\u00f3ns hoxend\u00eda vixentes que obrigan aos propietarios a conservar as fachadas dos edificios nas axeitadas condici\u00f3ns de seguridade, limpeza e ornato p\u00fablico para acadar unha boa apariencia urbana.<\/p>\n<figure id=\"attachment_76\" aria-describedby=\"caption-attachment-76\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-76 size-medium\" src=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/escanear0020-300x252.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"252\" srcset=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/escanear0020-300x252.jpg 300w, http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/escanear0020.jpg 611w\" sizes=\"(max-width: 300px) 85vw, 300px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-76\" class=\"wp-caption-text\">Plano da reforma da fachada de 1911<\/figcaption><\/figure>\n<p>O plano da fachada a escala 1:100 levantado en xu\u00f1o de 1911, como representaci\u00f3n do seu \u00abestado actual\u00bb, am\u00f3sanos un edificio de dous corpos ou plantas de altura, con t\u00f3dolos seus ocos (portas, vent\u00e1s e balc\u00f3ns) e elementos decorativos (molduras, cornixa, recercados, z\u00f3calo, etc.) que amosan precisamente unha sinxela pero sutil composici\u00f3n, cunha moi coidada xeometr\u00eda e racionalidade, cun corpo baixo m\u00e1is macizo con sete ocos e un segundo corpo ou piso alto con once vans, e xa que logo, m\u00e1is leve e de meirande lixereza polo grande n\u00famero de ocos de vent\u00e1s e balc\u00f3ns abertos na parede da fachada e a unha reducida separaci\u00f3n entre os mesmos. A fotograf\u00eda da que se disp\u00f3n mostra que no corpo baixo realiz\u00e1ronse obras nos ocos que alteraron o aspecto orixinal da fachada en 1911, para converter as vent\u00e1s de planta baixa en escaparates e vitrinas de exposici\u00f3n da Sociedade Cooperativa, abr\u00edndose ademais unha nova porta, facendo as\u00ed que a planta baixe ficase con oito vans no canto dos sete primitivos.<br \/>\nA parte alta, polo contrario, non foi modificada segundo nos demostra dita fotograf\u00eda ao comparala co plano. Soamente e de salientar neste corpo alto a colocaci\u00f3n de dous soportes de ferro fundido ancorados na f\u00e1brica de siller\u00eda do muro da fachada para pendurar os puntos de luz el\u00e9ctrica, soportes dun claro dese\u00f1o modernista na s\u00faa variante estil\u00edstica xeom\u00e9trica ou ?sezessionista ? vienesa? e que incorpora ao elemento vertical suxeito \u00e1 parede as gr\u00e1ciles curvas das que penduran o foco ou luminaria, enlazadas co ?petaso? (chapeu de copa baixa e con \u00e1s) e o ?caduceo? (vara ou cetro) atributos cl\u00e1sicos do deus Mercurio, que integr\u00e1banse \u00e1 forma dun elemento funcional como simb\u00f3lica representaci\u00f3n da actividade comercial que se desenvolv\u00eda no interior do edificio na s\u00faa derradeira etapa de vida.<br \/>\nA fotograf\u00eda amosa tam\u00e9n dende o punto de vista no que foi tomada a esquina coa r\u00faa do Torreiro cunha fachada lateral na que os ocos que nela abren son m\u00e1is escasos tam\u00e9n na planta baixa que na superior, e que ten a s\u00faa superficie recebada con morteiro de cal a nivel da r\u00faa, mentres que o corpo alto ti\u00f1a siller\u00eda de pedra \u00e1 vista, o que vi\u00f1a a sinalar a menor importancia representativa desta fachada secundaria con claro descenso da xerarqu\u00eda expresiva en relaci\u00f3n co frente principal, xa que logo concretada na simplificaci\u00f3n dos elementos decorativos e de remate superficial, xa que nesta parte do edificio situ\u00e1ronse na s\u00faa orixe as estancias de servizo do pazo, cortes dos cabalos, acceso de carruaxes e dos criados, etc., e era a zona que envolv\u00eda e separaba da r\u00faa Torreiro o grande espazo libre ou patio central da casa.<\/p>\n<figure id=\"attachment_77\" aria-describedby=\"caption-attachment-77\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-77 size-medium\" src=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/escanear0021-300x249.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"249\" srcset=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/escanear0021-300x249.jpg 300w, http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/escanear0021.jpg 468w\" sizes=\"(max-width: 300px) 85vw, 300px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-77\" class=\"wp-caption-text\">Demolici\u00f3n do edificio en 1959<\/figcaption><\/figure>\n<p>E para rematar, hai que sinalar que este edificio de traza barroca tard\u00eda que chego ata os 200 ou m\u00e1is anos de vida, quedou legalmente condenado a morte coa aprobaci\u00f3n do Plano Xeral de Ali\u00f1amentos da Coru\u00f1a de 1949, condena \u00e1 desaparici\u00f3n por derrubamento que exactamente foi executada unha d\u00e9cada m\u00e1is tarde, xa que a finca foi mercada por unha empresa de negocios inmobiliarios no ano 1958, lev\u00e1ndose a cabo a total demolici\u00f3n do hist\u00f3rico edificio en febreiro de 1959, constru\u00edndo no seu solar un edificio de sete plantas para vivendas, oficinas e comercias coa planta baixa asoportalada, e que foi proxectado polos arquitectos Sres. Rey Pedreira e Gonz\u00e1lez Cebri\u00e1n, subsistindo ainda na actualidade e que foi comezado o 20 de xu\u00f1o de 1959 e rematado o 18 de marzo de 1961.<br \/>\nA Sociedade Cooperativa amosou o seu interese por conservar a fachada de siller\u00eda e ofreceulla ao Concello da Coru\u00f1a pero o repentino pasamento do alcalde D. Alfonso Molina Brandao a fins de novembro de 1958 en Brasil, botou para abaixo a idea do seu posible traslado \u00e1 Cidade Vella, na Praza de Azc\u00e1rraga, como se ti\u00f1a ent\u00f3n falado.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00abEste artigo foi publicado polo arquitecto Miguel Silva Su\u00e1rez no bolet\u00edn da Asociaci\u00f3n de outubro de 2001.\u00bb Estaba situado no n\u00famero 1 da r\u00faa de San Andr\u00e9s (ou Estreita de San Andr\u00e9s), facendo esquina \u00e1 r\u00faa do Torreiro. No plano parcelario da Coru\u00f1a a escala 1:2.500 do ano 1875 represent\u00e1base o soar no que se &hellip; <a href=\"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/?p=70\" class=\"more-link\">Continuar leyendo<span class=\"screen-reader-text\"> \u00abO Pazo do Marqu\u00e9s de Almeiras ou Edificio da Cooperativa\u00bb<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[5],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/70"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=70"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/70\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":78,"href":"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/70\/revisions\/78"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=70"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=70"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/blognuevo.arqueoloxico.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=70"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}